Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m'asombras,
Ô pe d'os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu'és ida
N'ò mesmo sol te m'amostras,
Y eres á estrela que brila,
Y eres ò vento que zoa.
Si cantan, ês ti que cantas;
Si choran, ês ti que choras,
Y ês o marmurio d'o rio
Y ês á noite y és á aurora.
En todo estás e ti ès todo,
Pra min y en min mesmo moras,
Nin m'abandonarás nunca,
Sombra que sempre m'asombras
~ Rosalía de Castro, Negra Sombra